Benvido
Entroido en
Vilariño de Conso
Boteiros, lardeiro e lardeira, fulión e fuliadas, Xoves de Compadres e o de Comadres e a Festa do Cabrito súmanse nunha celebración inesquecible.
O Entroido en Vilariño de Conso
O Entroido é unha das principais festividades, se non a principal, do municipio de Vilariño de Conso.
Unha celebración de orixes ancestrais que se prolonga durante dúas semanas e na que conviven tradición e modernidade.
A festa mantivo o seu carácter social e serve de unión ás parroquias do concello e a este mesmo con localidades veciñas.
. É tamén un exemplo de cultura, material e inmaterial, cun profundo carácter lúdico.
Boteiros, lardeiro e lardeira, fulión e fuliadas, Xoves de Compadres e o de Comadres e a Festa do Cabrito súmanse nunha celebración inesquecible.
Festa do Cabrito
No seu XXXV edición, a Festa do Cabrito consolídase como un dos eventos centrais do Entroido de Vilariño de Conso, tras do parón que supuxo a pandemia de Covid-19.
Esta celebración comezou en 1988, un ano no que o excedente deste produto obrigou a pensar unha alternativa para darlle saída. Elixiuse o carnaval como data para a festividade por tratarse dunha época na que habitualmente este alimento rexistra baixas vendas.
Ao longo das décadas, a Festa do Cabrito foise consolidando con pequenas modificacións: se nos seus comezos celebrábase o Domingo Gordo ou Domingo de Entroido, nos últimos tempos desprazouse ao sábado. Isto é así para evitar solaparse cos festexos de Viana do Bolo e Manzaneda, localidades coas que Vilariño está a promover unha celebración conxunta baixo a clave do “triángulo máxico” do Entroido no Macizo Central da provincia de Ourense.
Ao carácter gastronómico da festa úneselle o legado cultural. O cabrito é un dos animais tradicionais da zona, que ten un dos puntais clásicos da súa economía no pastoreo de alta montaña, unha actividade que se mantén actualmente en poucos concellos de Galicia. Ademais, este alimento cocíñase asado no característico forno de leña, como leva facendo desde hai décadas.
Persoaxes do Entroido
Esta figura do Entroido de Vilariño de Conso entronca coa tradición doutros protagonistas de carnavais na provincia de Ourense. Cada aldea de Vilariño ten un boteiro propio, un home ou muller da localidade.
A súa vestimenta caracterízase por unha elaborada camisa branca, adornada con cintas de raso de distintas cores cosidas formando pregos, sobre a que levan a gravata. Os pantalóns son de raso vermello con flocos cosidos, cun cinto con chocallos.
A máscara componse de careta, con bigote, patillas e barba, e unha pantalla de forma rectangular con debuxos que varían en cada parroquia. Cambia a vestimenta do boteiro de Mormentelos, cunha estrutura a modo de chapeu no canto da máscara de Vilariño e cintas soltas na camisa.
Na man leva a monca, unha vara ou bastón, coa que abre paso ao fulión, que se encarga de liderar.
O fulión ou folión consiste nunha agrupación de persoas de todas as idades e dun mesmo pobo. Este grupo percorre as rúas de pobos veciños tocando bombos e tambores, que se elaboran no propio municipio, así como gadañas e outros apeiros de labranza.
En Vilariño de Conso, cada parroquia ou pobo ten un son diferente que os identifica e diferenza do resto de núcleos de poboación e que se traslada de xeración en xeración.
Tradicionalmente, as persoas que participan nun mesmo fulión visten cunha mesma vestimenta: pantalóns e chaleco de pana, camisa de liño, unha boina ou chapeu e os "galochos".
O día grande do desfile de fulións é o Sábado de Entroido, cando se realiza o desfile no que participan os grupos de todas as parroquias e de concellos limítrofes.
As fuliadas ou foliadas recollen a tradición do humor popular e o escarnio que son características da época carnavalesca. Aquí represéntanse distintas pezas satírico-burlescas, xeralmente en verso, na que participan unha ou varias persoas disfrazadas.
Un mestre ou mestra de cerimonias encárgase de presentar e fiar as distintas pezas, así como de despedir o acto, pedindo desculpas por se alguén se ofendeu pola foliada.
Esta representación é típica da provincia de Ourense. Aínda que en Vilariño de Conso perdeuse durante varios anos, tentouse recuperar en anos recentes.
O Entroido de Vilariño de Conso comeza a semana antes do carnaval propiamente dito. O xoves desa semana é o Xoves de Compadres, que viría ser nove días antes do Sábado de Entroido. Aquí, as mulleres colgan un boneco vestido con roupas dos homes da vila, que estes deben tentar baixar. Organízanse batallas entre as persoas de ambos sexos nas que tradicionalmente se empregaba fariña.
O seguinte xoves, dous días antes do Sábado Gordo, é o Xoves de Comadres, no que se viran as tornas e son os homes os que elaboran o boneco e as mulleres as que deben recuperalo.
Hoxe en día, estas celebracións compleméntanse cunha cea en cada unha das xornadas: a “cea de compadres” e a “cea de comadres”. É tamén habitual que a súa celebración se desprace ao venres seguinte a cada ocasión.
Estas figuras son as protagonistas do Xoves de Compadres e o de Comadres. No primeiro, as mulleres elaboran o lardeiro, un boneco, tradicionalmente de palla, vestido con pezas de roupa que se encargaban de roubar aos homes da vila. Na seguinte semana é a quenda da lardeira que, esta vez, preparan os homes e visten con roupas das mulleres de Vilariño.
Lardeiro e lardeira cólganse nun dos puntos máis altos da localidade. Habitualmente estas figuras mantéñense expostas durante as festas de Entroido ata que o Martes de Entroido se queiman para enterrarse no Mércores de Cinza.
Comenzando o fulión antes da fuliada
Entroido de Vilariño de Conso
Calendario de actividades 2024
Cea de Compadres.
Nesta xornada celébrase unha cea no albergue de Vilariño de Conso entre os “compadres” ou homes do pobo. Posteriormente, un fulión percorrerá a localidade, co boteiro liderando o desfile de tambores, bombos e gadañas para entronizar o entroido.
Cea de Comadres.
A esta celebración súmaselle o desfile dos fulións das distintas parroquias, cada un liderado polo seu boteiro e co seu ritmo único, composto pola unión da percusión de bombos e tambores co son das gadañas e doutros apeiros de labranza.
Festa do Cabrito.
As persoas asistentes poderán comer un menú degustación no que o centro é este prato, elaborado de forma tradicional en forno de leña.
Previamente, pola mañá, haberá un desfile de fulións, así como o concurso de carrozas e de fotografía. Tras a comida, haberá disco móbil ata o peche da xornada.
Domingo de Carnaval.
Lunes de Entroido.
A partir das 19 horas desenvólvese unha nova rolda de fulión no pobo.
Posteriormente celébrase a degustación de porco ao espeto, onde o público asistente poderá probar este outro manxar, que complementa gastronomicamente ao cabrito na celebración do Entroido no pobo.
Pola noite haberá concurso de disfraces e festa, co acompañamento musical de DJ Tariro.
Martes de Entroido.
Ás últimas visitas entre fulións séguelle a queima de lardeiro e lardeira na praza do pobo, co que se pon fin ás datas carnavalescas por este ano.
Blog
Read Our Lates News
Ad nec unum copiosae. Sea ex everti labores, ad option iuvaret qui. Id quo esse nusquam. Eam iriure diceret oporteat.